CONCESIÓN DEMANIAL RESIDENCIA DE PERSOAS MAIORES
EXP: 2025/X999/000017
O Pleno do Concello de Mazaricos en sesión ordinaria celebrada o día 9 de maio de 2025, acordou aprobar o expediente administrativo para levar a cabo a adxudicación da concesión demanial do inmoble sito no Polígono 113, parcela 168, Fonte Lagoa, con referencia catastral 001903900NH05A0001YR e situado na parcela con referencia catastral 15046A113001680000BY, para residencia de persoas maiores.
De conformidade co acordo adoptado, por medio do presente anuncio, publícase, durante o prazo de trinta días, o anteproxecto que houbera de servir para a concesión e o prego de condicións que han de rexer a mesma.