Sede electrónica Concello de Mazaricos

21:22:29 Xoves 28 de marzo 2024
Estás en:

Detalle trámite

Transmisión de titularidade de licenza para acometida de auga e rede de sumidoiros

O procedemento de "transmisión de titularidade de licenza para acometida de auga e rede de sumidoiros" regula a concesión, por parte do Concello, da transmisión de titularidade de acometida de auga e rede de sumidoiros.

Preferentemente de forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”. Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de transmisión de titularidade de licenza acometida de auga e rede de sumidoiros.
  • Plano de situación.
  • Escritura de propiedade ou documento que acredite a dispoñibilidade do inmoble para o que solicita a acometida.
  • DNI ou CIF do titular.
  • Contrato entre promotor e construtor en caso de obras.

Nome: Transmisión de titularidade de licenza para acometida de auga e rede de sumidoiros.

Unidade tramitadora:
Urbanismo.

Inicio do procedemento:
A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución:
Alcaldía.

Carácter silencio administrativo:
Silencio positivo.

Prazo de resolución:
3 meses.

Recurso aplicable:
Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/impostos: Consultar as ordenanzas fiscais do apartado de normativa.

Canles de atención:
Telemático (iniciar trámite).

                                    Presencial.