Sede electrónica Concello de Mazaricos

05:22:40 Sábado 23 de novembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Comunicacion previa de obra de adecuación de local para actividade

Con carácter previo ao inicio da obra ou instalación que se destine especificamente a unha actividade, os/as interesados/as presentarán comunicación previa na cal poñerán en coñecemento da Administración Municipal os seus datos identificativos e achegarán a documentación acreditativa dos requisitos esixibles para o inicio da obra ou instalación.
Con carácter xeral, transcorrido o prazo de quince días hábiles, a presentación da comunicación previa cumprindo con todos os requisitos esixidos constitúe título habilitante para o inicio das obras, sen prexuízo das posteriores facultades de comprobación, control e inspección por parte do concello.
Logo de rematar a obra, presentarase comunicación previa para o inicio da actividade.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende está páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

NOTA:  A documentación técnica tramitada a través da plataforma de traballos profesionais do COAG ou outros colexios profesionais non terá que ser achegada; só se terá que indicar na instancia o código correspondente.

  • Comunicación Previa de Obra de adecuación de local para actividade.
  • No caso de actuar en representación, copia dos documentos de identidade do representante e o interesado coa autorización escrita dese último ou copia de poder para representalo (ver modelo). No caso de presentación online, non é necesario aportar o documento de identidade do presentador (nin do interesado no caso de utilizar un certificado electrónico de representación).
  • Descrición suficiente das características da obra de adecuación de local.
  • Memoria explicativa da actividade que se pretende realizar, coa manifestación expresa do cumprimento de todos os requisitos técnicos e administrativos.
  • De ser o caso, proxecto técnico esixible legalmente e declaración do/a técnico/a ou os/as técnicos/as facultativos/as que autoricen o proxecto de que este cumpre en todos os seus termos coa ordenación urbanística de aplicación.
  • Proxecto e documentación técnica que resulte esixible segundo a natureza da actividade ou instalación.
  • A autorización ou declaración ambiental que proceda.
  • As autorizacións e os informes sectoriais que sexan preceptivos, xunto coa manifestación expresa de que se conta con todos os necesarios para o inicio da obra, instalación ou actividade.
  • Xustificante de pago de taxas segundo a/as ordenanza/s vixente/s.

Nome: Comunicación Previa de Obra de Adecuación de Local para Actividade.

Unidade tramitadora: Urbanismo.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Taxas/impostos: Consultar ordenanzas fiscais do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.