Sede electrónica Concello de Mazaricos

08:29:49 Mércores 26 de febreiro 2020
Estás en:

Detalle trámite

Rexistro de animais perigosos

O procedemento "rexistro de animais perigosos" pretende regular a identificación e rexistro dos animais considerados potencialmente perigosos, segundo o recollido no Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, polo que se regula a tenza de animais potencialmente perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia e se crean os rexistros de identificación de animais de compañía e potencialmente perigosos e de adestradores caninos.

Calquera persoa física ou xurídica que desexe rexistrar un animal considerado como potencialmente perigoso.

Preferentemente de forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”. Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderase descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de rexistro de animais perigosos (adicionalmente, o propietario pode solicitar a expedición de licenza administrativa para a tenencia de animais potencialmente perigosos).
  • Licenza de tenza de animais perigosos. Copia da licenza en vigor de tenza de animais perigosos. (1)
  • Seguro de responsabilidade civil. Documento acreditativo da formalización dun seguro de responsabilidade civil, no que se especifique claramente o importe da cobertura. Este seguro deberase renovar anualmente.
  • Certificado sanitario. Certificado sanitario, expedido por un veterinario colexiado, que acredite con periodicidade anual a situación sanitaria do animal, a inexistencia de enfermidades que o poidan facer potencialmente perigoso e a ausencia de lesións ou cicatrices que puidesen estar relacionadas coa utilización do animal en pelexas ou outras actividades prohibidas.
  • Certificado de implantación de microchip. Copia do certificado acreditativo da implantación dun microchip, no que figure o código identificador do animal, asignado polo veterinario responsable.
  • Libro sanitario. Copia do libro sanitario actualizado cos tratamentos preceptivos e preventivos propios da especie e idade do animal. No libro sanitario figurará a clasificación do animal como potencialmente perigoso.
  • Datos do centro de adestramento (opcional). Datos relativos ao adestramento recibido, proporcionados polo centro correspondente.

 

(1) No caso de que o propietario tamén solicite a expedición de licenza administrativa para a tenencia de animais potencialmente perigosos, adicionalmente deberá presentar:

  • Fotocopia do D.N.I. (só en caso presencial).
  • Certificado de antecedentes penais.
  • Certificado de non ser sancionado por infraccións graves ou moi graves da Lei 50/1999, de 23 de decembro, sobre o Réxime Xurídico da Tenencia de Animais Potencialmente Perigosos.
  • Certificado de capacidade física e de aptitude psicolóxica, emitido polos directores dos Centros Médico-Psicotécnicos de recoñecemento que estean debidamente autorizados.

Nome: Rexistro de animais perigosos.

Unidade tramitadora: Secretaría.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución: Alcaldía.

Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.

Prazo de execución: 3 meses.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/Impostos: Non aplica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.